domingo, 21 de octubre de 2018

MICROPSIA




A micropsia é un trastorno da visión que se caracteriza pola observación dos obxetos cun tamaño menor do que teñen en realidade.

Como se pode observar neste vídeo, Alicia, protagonista do filme, parece pasar por unha serie de transformacións que a levan a cambiar o seu tamaño.

O que en realidade pasa é que esta rapaza non cambia de tamaño, senón que observa as cousas e os obxetos dunha maneira distinta: ten unha percepción diferente do que ve. En función do que consuma, sexa o xarabe ou a galleta, o seu cerebro interpreta de maneira distinta o que os seus ollos transmiten, variando o tamaño dos obxetos e incluso a percepción espazo-temporal dos mesmos.

Nun primeiro momento observamos que Alicia sofre de micropsia, porque ve a porta dun tamaño disminuído. Cando toma o xarabe, ela adáptase ao tamaño dos obxetos, co cal xa se fan visibles cun tamaño maior (macropsia). Despois, ao consumir a galleta Alicia vólvese máis grande, co cal os obxetos volven a ser dun tamaño minúsculo (de novo micropsia).

No hay comentarios:

Publicar un comentario