Existe relación entre os trastornos ideopáticos psiquiátricos e a enfermidade de Huntington?
Esta pregunta é moi común entre todas aquelas persoas que coñecen a enfermidade de Huntington. Actualmente coñécese que exinten unha serie de afectacións encontradas en pacientes con esta enfermidade que se parecen moito a eses trastornos psiquiátricos ideopáticos pero que non existe unha relación causal entre as persoas que padecen a EH e ditos trastornos. Algunhas destas afectacións son:
- Depresión: coñécese que algunhas das persoas que padecen esta patoloxía tenden a ter depresión chegando nalgúns casos ata intentar o suicidio.
- Manía: os pacientes poden presentar un estado de ánimo irritable, bipolar, nha actitude egoísta e, en casos graves, poden chegar ao delirio ou alucinacións.
- Trastornos psicóticos primarios: a presentación psicótica máis común entre os pacientes con EH é a paranoia que pode ir acompañada de agresión, irritabilidade e un control deficeinte dos impulsos.
Polo tanto, existen afectacións que se semellan a eses trastornos psiquiátricos pero non son trastornos psiquiátricos ideopáticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario