Algunhas das cousas que se poden levar a cabo son:
- Distracción: hai estudos que defenden que os tics en nenos con ST disminúen se estes están concentrados en realizar calquera actividade que requira concentración, como o deporte, os pasatempos, pintar, escribir ou a música.
- Axudar a axudar: nalgunhas ocasións os nenos e adolescentes síntense diferentes por padecer este Síndrome e esa falta de confianza pode desaparecer si se sinten plenos axudando a outras persoas que poidan ter outro tipo de problemas, como por exemplo, realizando algún voluntariado.
- Apoio: existen grupos de apoio, como a Asociación de Síndrome de Tourette que comparten as experiencias e entenden polo que esas persoas están a pasar.
- Control: preguntar ao médico sobre a enfermidade, qué a provoca, accións que se poden facer para combatila ou para aprender a vivir con ela, etc, e investigar sobre ela permítelles aos pacientes con ST ter un maior control sobre a súa vida.


No hay comentarios:
Publicar un comentario