martes, 30 de octubre de 2018

Tratamento

Existen moitos tipos de coidados relacionados co tratamento da enfermidade de Cronh. Para axudar a estes pacientes hai que establecer unhas pautas a seguir:

Dieta e nutrición. Non se demostrou que ningunha dieta específica mellore ou empeore os síntomas da enfermidade de Crohn pero existen alimentos que axudan a aliviar os síntomas. Entre eles destacan:  

  • Aumento no consumo de cantidades pequenas de auga.
  • Evitar alimentos ricos en fibra ou grasos.
  • Reducir o consumo de productos lácteos se se teñen problemas para dixerilos.
  • Evitar alimentos que causen gases.
Tamén podeselle recomendar aos pacientes que comecen a consumir algúns suplementos vitamínicos ou certos minerais adicionais.

Estrés. Certas situacións de estrés poden empeorar os problemas intestinais relacionados ca patoloxía. O paciente non debe sentirse avergonzado nin trise por padecer esta patoloxía intestinal. 

Medicamentos. Existen unha serie de medicamentos que axudan a calmar os síntomas da enfemidade de Cronh, entre eles aqueles que contribúen a reducir a diarréa. Entre estes medicamentos están:

  • Os aminosalicilatos que axudan a controlar os síntomas leves ou moderados. Este tipo de fármaco adminístrase por vía oral ou rectal.
  • Os corticoides que axudan a tratar a sintomatoloxía da enfermidade moderada ou grave. 
  • Certos antibióticos que tratan abscesos ou úlceras. 
  • Medicamentos inmunosupresores.
  • Terapia biolóxica que axuda a tratar a enfermidade grave ou que non responde a ningún medicamento.

Ciruxía. Algunhas persoas poden precisar ciruxía para extripar unha parte ou todo o intestino groso con ou sen o ano para tratar problemas como sangrado, infeccións, estreitamento do intestino, etc. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario