jueves, 25 de octubre de 2018

Diagnóstico e tratamento

Diagnóstico:

Debe ser feito no periodo neonatal, identificando se hai algunha malformación do dedo gordo do pé, que pode ser hallux valgus (no 90% dos casos), microdactalia e monofalanxe. A microdactalia pódese presentar nos pulgares das mans nun 50% dos casos.


Hallux Valgus


Os erros no diagnóstico acostuman ser durante a aparición dos nódulos, xa que neste periodo de tempo ser realizan biopsias e éstas son interpretadas como fibromas, neurofibromas, condromas, sarcomas, etc.

Sen embargo, na fase de osificación, o diagnóstico resulta máis doado grazas á realización de radiografías e TACs, útiles para a observar as calcificacións.

Existe outro tipo de diagnóstico, o diferencial, que inclúe heteroplasia ósea progresiva, osteosarcoma, linfedema, sarcoma do tecido brando, tumores desmoides, fibramitose xuvenil agresiva e osificación heterotópica non hereditaria.

Tratamento:

Non existe un tratamento que cure a FOP, pero sí que se poden utilizar algunhas substancias (como os corticoesteroides) que axuden a controlar o crecemento de óso adicional ou a aliviar os síntomas.



Tamén é necesario usar métodos preventivos como medidas contra caídas, o deterioro respiratorio e as infeccións víricas, ou evitar cirurxías, biopsias, anestesias locais e inxeccións intramusculares.

É importante tratar as neumonías con moita rapidez nestes pacientes e vacunalos contra o virus Influenza e Haemophilus por vía intradérmica.






No hay comentarios:

Publicar un comentario