- Medicamentos para trastornos psiquiátricos:
- Antidepresivos (Fluotexina, Sertralina...): teñen un efecto no tratamento obsesivo compulsivo e poden provocar náuseas, diarrea, somnolencia e presión arterial baixa.
- Medicamentos antipsicóticos (Quetiapina, Risperidona...): reducen a violencia e a axitación pero provoca trastornos do movemento.
- Medicamentos estabilizantes do ánimo (Valproato, Carbamazepina...): axudan a evitar os altibaixos emocionais.
- Medicamentos para trastornos do movemento:
- Tetrabenazina: reduce os movementos espasmódicos e de contorsión involuntaria. Pode provocar somnolencia, náuseas, inquietude e empeorar a depresión e os trastornos psiquiátricos.
- Medicamentos antipsicóticos: o Haloperidol e a Clorpromazina reducen a corea pero empeoran as contraccións involuntarias e a rixidez muscular. A Risperidona e a Quetiapina teñen menos efectos secundarios.
- Outros medicamentos como a Amantadina, Levetiracetam e Clonazepam poden provocar náuseas, malestar estomacal e cambios de humor, entre outras moitas cousas.
- Psicoterapia: para controlar os problemas de conducta, adquirir estratexias de afrontamento e facilitar a comunicación cos demais.
- Terapia da fala mediante logopedas.
- Fisioterapia: para aumentar a forza, flexibilidade, equilibrio e coordinación.
- Terapia ocupacional:
- Pasamáns.
- Dispositivos de asistencia para actividades como bañarse ou vestirse.
- Utensilios para comer e beber adaptados ás persoas con habilidades motoras finas limitadas.
Neste blog imos tratar unha serie de enfermidades pouco comúns entre a poboación mundial.
sábado, 27 de octubre de 2018
Tratamento
A única solución é o uso de medicamentos para aliviar os síntomas de trastornos psiquiátricos e do movemento. Outras opcións son a psicoterapia, a terapia da fala, a fisioterapia e a terapia ocupacional.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario