viernes, 19 de octubre de 2018

Diagnóstico

O diagnóstico da insensibilidade conxénita á dor non ten ningún criterio oficial. Aínda así pódese elaborar mediante:

  • Unha historia clínica detallada para coñecer se o paciente ten unha alteración na percepción da dor. De maneira xeral manifestase en bebés pola mordedura da lingua, labios ou dedos tras a erupción dos primeiros dentes. Por outra parte en adultos e persoas maiores obsérvase un cúmulo de lesión traumáticas repetidas.
  • Un examen físico no que se observa se hai un exceso de feridas, moratóns, ósos rotos... 
  • Unha biopsia da pel que pode chegar a mostrar a pérdida da parte final das terminacións nerviosas.
  • Unha proba xenética que mostraría a mutación nun dos xenes relacionados ca enfermidade.  
Ademáis lévanse a cabo certos exámenes para desacartar outras posibles enfermidades:
  • Biopsia do nervio periférico
  • Encefalograma
  • Análisis do líquido cefalorraquídeo
  • Estudos de conducción nerviosa, sensitiva e motora.
MOI INTERESANTE!
Moitas persoas con insensibilidade conxénita á dor tamén teñen unha pérdida completa do sentido do olfato (anosomía). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario