A primeira manifestación clínica é a dificultade para camiñar que empeora co paso do tempo de maneira gradual. Esta limitación exténdese a mans e brazos ata chegar ao tronco. Outro dos síntomas son certas malformacións nos pés como por exemplo:
- Pé en garra
- Dedos dos pés en martelo
- Pé zambo
- Inversión dos pés
- Flexión dos dedos dos pés
- Etc.
Co paso do tempo os músculos e tendóns debilítanse e comezan a atrofiarse. É común entre os afectados por esta enfermidade os movementos rápidos do globo ocular así como a escoliosis (encurbamento da columna) que se é aguda produce dificultades para respirar.
Outros síntomas son certas patoloxías cardíacas como a cardiomiopatía, o fallo cardíaco, fibrosis miocardial o miocarditis. Todos estes efectos están asociados a alteracións no ritmo normal do corazón como pode ser a taquicardia ou o bloqueo do corazón. Ademais, existe unha proporción elevada de afectados pola Ataxia de Friedreich que son intolerantes aos hidratos de carbono e outro porcentaxe contrae diabetes mellitus. Algúns chegan a perder a audición e a vista.
Estímase que unha persoa con esta enfermidade ten unha esperanza de vida ata a etapa addulta, sen embargo, cando os síntomas desta oatoloxía son leves poden alcanzar ata os 60-70 anos de idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario