domingo, 21 de octubre de 2018

Definición e características

A micropsia, tamén coñecida como "Síndrome de Alicia no País das Marabillas" é un trastorno neurolóxico que afecta á percepción visual, de tal forma que os obxetos se perciben máis pequenos do que realmente son e máis lonxe do que realmente están.



Esta enfermidade recibe o nome da obra escrita por Lewis Carrol xa que se pensa que este artista padecía a enfermidade e que obtivo a inspiración para a súa obra deste trastorno.



A micropsia caracterízase por:
  • Percepción dos obxetos cun tamaño inferior ao real.
  • Percepción dos obxetos máis lonxe do que realmente están.
  • Observación de afeccións da porción central da coroides e da retina, en delirios febrís, epilepsia, psicoses esquizofrénicas agudas e en estados psicasténicos.
  • Alteración da percepción, é dicir, que se ve afectada a interpretación cerebral daquelas cousas que se ven.
Existe un trastorno antagónico da micropsia que recibe o nome de macropsia, caracterizado pola observación dos obxetos dun tamaño maior do que teñen.






No hay comentarios:

Publicar un comentario