miércoles, 31 de octubre de 2018

Diagnóstico

O ideal é diagnosticar esta anomalía a través dunha ecografía antes do nacemento do bebé, pero se non é o caso, pódese identificar este problema porque o recén nacido aparece cianótico ou porque o seu corazón emite uns sons inusuais.

Entre as probas que se poden realizar están:

  • Ecocardiograma (máis recomendada): para valorar a estructura do corazón, da válvula tricúspide e da circulación do corazón.
  • Electrocardiograma: para detectar irregularidades no ritmo e na estructura do corazón. 
  • Radiografía de tórax: observación do tamaño do corazón.
  • Resonancia magnética cardíaca.
  • Monitor Holter: para o diagnóstico de problemas do ritmo cardíaco durante a realización de actividades da vida diaria. 
  • Pulsioximetría.
  • Probas de esforzo.
  • Estudo da electrofisioloxía.
  • Cateterismo cardíaco (pouco habitual).



No hay comentarios:

Publicar un comentario