viernes, 19 de octubre de 2018

Tratamento

O tratamento é principalmente de apoio: dado que estas persoas carecen de sensibilidade fronte a dor, é necesario prestar atención ás posibles lesións percibidas por se puidese haber algún dano.


Ademáis recoméndase revisar:

  • Coidado dos dentes: previr e tratar de forma rápida a caries dental e a enfermidade periondontal para previr a osteomielite da mandíbula. Outras accións son a extracción do dente, o suavizado dos bordes afiados dos incisivos e a utilización dun protector bucal.
  • Coidado da pel: uso de cremas hidratantes para previr unha pel con engrosamentos e deshidratación, así como a posible infección desencadenante.
  • Coidado dos ollos: especialmente daqueles ollos secos, observando diariamente a superficie ocular e previndo as infeccións da córnea.

En operacións quirúrxicas é necesario prestar atención á posición do paciente sobre a mesa quirúrxica, asegurando unha superficie acolchada.

Outro coidado a tomar é evitar o uso ou o consumo de baños e alimentos moi quentes ou moi fríos; ou a realización de actividades de alto impacto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario