Durante os primerios estadíos da enfermidade os momentos involuntarios poden aparcecer mezclados cos intencionados, por iso é fácil que pase desapercibido durante os priemrios anos.
Pouco a pouco os movementos vanse facendo cada vez máis patentes, ata que facer accións como tragar, vestirse, comer,... se converte casi nun imposible.
Os principais síntomas son os que afectan aos movementos, pero non son os únicos. Un dos máis frecuentes, en especial en idades temperás son os cambios de carácter.
As capacidades cognitivas tamén poden verse afectadas: como a memoria, concentración, raciocinio,... Ao final da enfermidade tamen aparece demencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario