Algunhas pautas a seguir son:
- Dieta baixa en sal.
- Evitar movementos bruscos e camiñar con axuda durante os ataques.
- Evitar luces brillantes, o televisor ou ler durante os ataques.
- Despois dun ataque, é necesario manterse polo menos 1 semana sen conducir ou manexar maquinaria pesada. É importante aumentar gradualmente a actividade.
- Disminución do estrés a través de:
- Alimentación saudable e ben equilibrada. Non comer en exceso.
- Facer exercicio regularmente.
- Durmir o suficiente.
- Reducir a cafeína e o alcohol.
Outro tratamento é o consumo de antidiuréticos para reducir as náuseas e os vómitos ou o Diazepam, para disminuir os mareos e o vértigo.
Tamén se poden utilizar aparellos auditivos, realizar unha terapia de balance (entrenamento do cerebro para superar os mareos) ou realizar unha terapia de presión (reducción da cantidade de líquido que se atopa no oído medio).
A ciruxía tamén é unha opción e pódese levar a cabo para cortar o nervio vestibular e así controlar o vértigo sen facer ningún tipo de dano.
Outra opción é retirar parte do oído interno, co que se perde a audición total, ou a inxección de esteroides e de xentamicina directamente no oído medio.



No hay comentarios:
Publicar un comentario