sábado, 3 de noviembre de 2018

ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA (ELA)

A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular que se caracteriza pola disminución gradual da capacidade de funcionamento das neuronas ata provocar a morte.


Ao principio causa problemas leves como dificultades para camiñar, correr, escribir ou falar. 

A medida que avanza a enfermidade a persoa que a padece sofre unha parálise total acompañada dunha exaltación dos reflexos tendinosos. Cando empezan a fallar os músculos do peito, a respiración dificúltase e moitas persoas con esta patoloxía morren debido a unha insuficiencia respiratoria. 

A enfermidade acostuma afectar entre os 40 e os 60 anos, e é máis frecuente entre homes ca entre mulleres.



Un exemplo dunha persoa moi coñecida que morreu a causa desta enfermidade é o físico Stephen Hawking, que foi un claro exemplo de cómo convivir con esta enfermidade sen deixar que ésta acabe coa nosa enerxía e coas ganas de vivir o día a día.     

No hay comentarios:

Publicar un comentario