- Coloboma de iris: burato ou defecto no iris. Percíbese como un pequeno círculo preto da pupila ou unha rañura preto dela.
- Tumor de Wilms: trátase dun tumor a nivel renal que está relacionado co síndrome de WAGR, unha alteración pouco común na que existe predisposición a diversas malformacións.
- Atrofia do nervio óptico
- Estravismo: defínese como o mal aliñamento ocular.
- Luxación do cristalino: dislocación do mesmo.
- Dexeneración corneal: consiste no déficit de células que rexeneran a córnea dando lugar a un grave problema.
- Glaucoma: prodúcese pola acumulación de líquido no interior do ollo que produce un aumento de presión. Nos casos máis graves prodúcese a perda de visión por compresión do nervio óptico.
- Cataratas: defínese como a opacidade do cristalino que provoca unha perda da capacidade de visión.
- Nistagmus: movemento incontrolable do ollo que impide a fixación da vista.
Na gráfica anterior obsérvanse uns porcentaxes que relacionan as enfermidades anteriormente descritas e a aniridia. Sen embargo, os datos non son concluíntes segundo a Sociedade Española de Aniridia posto que non existe un estudo que certifique ao cen por cen esta asociación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario