jueves, 1 de noviembre de 2018

Síntomas

A anomalía de Ebstein pode causar problemas que van dende moi leves a graves. Os nenos con unha forma leve desta patoloxía poden non presentar síntomas hasta que sexan maiores. Os síntomas que un neno poida ter nesta enfermidade son dificultades para respirar e unha tonalidade azulada na pel e debaixo das uñas (cianosis). Ten outros síntomas como: 
  • Provocar un retraso no crecemento
  • Que o neno se canse fácilmente
  • Que lle falte o alento
  • Abundante tos
  • Sensación de que o corazón late moi forte (palpitacións)
  • Que ao neno lle coste seguir o ritmo doutros nenos cando realizan actividades físicas.
Nos casos máis graves os nenos poden ter edemas nas pernas e líquido no ventre (ascitis). Tamén presentan sons cardíacos anómalos, como un soplo, cando oscultan o corazón do neno.

Os bebés con esta patoloxía soen nacer con outros problemas cardíacos, como unha comunicación intrauricular ou un poramen oval permeable. Cando algún destes buratos está aberto, o sangue pobre en osíxeno procendente do lado dereito do corazón pode chegar ao lado esquerdo, introducíndose así no torrente outra vez e chegando a todo o corpo. Esto provoca que haxa unha baixa concentración de osíxeno no sangue, de ahí a cor azulada da pel e debaixo das uñas.

A esta cianosis tamén afecta a estenosis da válvula pulmonar que en ocasións pode estar estreitada ou completamente pechada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario