- Anamnese e exploración física.
- Análise de sangue: para medir os niveis de Na, K, cortisol e ACTH en sangue. Tamén se poden medir os anticorpos* relacionados con esta enfermidade.
*Chen e Cols (1996), no seu traballo de investigación, comparaton a sensibilidade dos anticorpos fronte a unha serie de enzimas esteroidoxénicas no diagnóstico de trastornos autoinmunes suprarrenais.
- Proba de estimulación con ACTH: para medir, antes e despois de inxectar ACTH sintético, o nivel de cortisol en sangue.
- Proba de hipoglucemia inducida por insulina: consiste no control dos niveis de cortisol e glucosa en sangue despois dunha inxección de insulina.
- Diagnóstico por imaxes:
- Tomografía computarizada (TC) do abdome, para observar o tamaño das glándulas suprarrenais.
- Resonancia magnética (RM) da glándula pituitaria.
- Radiografía abdominal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario