O especialista relacionado deberá levar a cabo un exame oftalmolóxico no cal determinará de qué enfermidade se trata e as posibles patoloxías asociadas. Ademáis, existen unhas probas que establecen un diagnóstico totalmente correcto:
- Bandeo cromosómico
- FISH
- Probas de ultrason renal
- Imaxes de abdome e cerebro
Unha vez diagnosticada a enfermidade establécese o seu tratamento que, neste caso, non existen unhas pautas que engloben toda a sintomatoloxía que produce a aniridia polo que se deberá tratar cada síntoma de forma individualizada.
O primeiro ao que se recurre é ao uso de gafas para subsanar a perda de visión. Por outra parte existen certos fármacos que axudan a tratar patoloxías como o glaucoma ou a sequidade ocular. Nesta última tamén se empregan soros fisiolóxicos.
Por último pódese optar pola cirurxía en intervencións como as das cataratas ou novas técnicas que se comezan a usar que levan a cabo unha substitución ou reconstrucción do iris. Estas últimas contan cun porcentaxe de posibles efectos adversos relacionados ca intervención quirúrxica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario