viernes, 16 de noviembre de 2018

ENFERMIDADES POUCO COMÚNS... DE QUÉ ME ESTÁS A FALAR?

Qué son?

Coñécense co nome de "Enfermidades pouco comúns" ou "Enfermidades raras" aquelas enfermidades cuxa prevalencia na poboación non supera os 5 de cada 10.000 habitantes. Observouse que existen arredor de 7.000 enfermidades raras que afectan a gran parte da poboación mundial.     

A pesar de denominárense así, estas enfermidades afectan a un gran número da poboación, chegando a superar os 3 millóns de persoas enfermas en España.           

As enfermidades raras (ER) acostuman afectar entre o 6 e o 8% da poboación mundial.


Características comúns das ER:

O 65% das enfermidades pouco comúns son graves e invalidantes:

  • Inicio precoz na vida.
  • Dores crónicos.
  • Discapacidade da autonomía provocada por un déficit motor, sensorial e/ou intelectual.
  • Pronóstico vital en xogo (canto antes se saiba o diagnóstico, máis calidade de vida).

Problemas dunha persoa cunha enfermidade rara:
  • Diagnóstico: normalmente estas enfermidades diagnostícanse tarde debido a:
    • Descoñecemento da patoloxía.
    • Dificultade de acceso á información necesaria.
    • Falta de localización de profesionais e centro especializados
  • Tratamento: ausente ou inadecuado (en moitos casos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario