viernes, 2 de noviembre de 2018

Cómo afrontalo

Sempre é difícil recibir a noticia de que tes unha enfermidade caracterizada como "rara" ou "pouco común". Por iso é necesario ter en conta unha serie de aspectos para saber cómo facer fronte á situación, sexa para un mesmo ou en relación con algunha outra persoa preto nosa.
  • Dificultades emocionais: recibir esta noticia pode chegar a ser moi duro, sobre todo si se trata de persoas moi achegadas a un mesmo, como por exemplo, un fillo. Unha forma de superalo pode ser consultar cun terapeuta ou mesmo con grupos de apoio.
  • Dificultades no desenvolvemento dos nenos: moitas veces os nenos con esta enfermidade poden permanecer periodos moi longos de tempo recuperándose dunha ciruxía ou de calquera outro procedemento, e isto provoca que se retrase na escola con respecto aos seus compañeiros. Unha maneira de afrontar isto é axudándolles aos rapaces coas dificultades que teñen para superalas. 


  • Grupos de apoio: é moi importante sentirse apoiado durante este proceso, por iso existen distintos grupos de apoio cos que se pode falar e ir aceptando pouco a pouco a situación. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario